Últimas Entradas

Posted by : Lia Tales lunes, 14 de abril de 2014

CAPÍTULO I

DA ASOCIACIÓN EN XERAL

Artigo 1º
1.-Procédese á creación da asociación denominada  “ASOCIACIÓN CULTURAL NOBUNAGA”.

2.-A asociación rexerase polos devanditos estatutos, pola Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociacións e pola demais lexislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable.

Artigo 2º.- O domicilio principal e permanente da
asociación radicará na localidade de Ourense, E-mail asocinobunaga@gmail.com

Artigo 3º.- A asociación en funcións dos seus fins e do emprazamento do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da Provincia de Ourense .

Artigo 4º.
1.-A asociación constitúese por tempo indefinido e só se disolverá, conforme a estes estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.
2.-A asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordenamento xurídico.

Artigo 5º
1.-Son fins principais da asociación:
a.)  Promover o cómic e a cultura xaponesa e outras relacionadas con ela (China, Corea, Taiwán…) a través de proxeccións, xogos  e charlas informativas dedicadas ós afeccionados e a aqueles que non o son.

b.)  Promover a unión e amizade entre os afeccionados ó xénero así como a tolerancia e respecto ós afeccionados ó manganime (cómic e animación xaponesa).

2.- Para levar a cabo os seus fins, poderá a Asociación organizar actividades lúdicas, sociais, deportivas e culturais.

Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ó cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.

CAPÍTULO II

DOS ASOCIADOS

Artigo 6º.
1- Poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas físicas, con plena capacidade de obrar que voluntariamente o desexen e soliciten e as persoas xurídicas tralo acordo do seu órgano competente, que non teñan débedas pendentes coa asociación e non tiveran problemas de conducta con anterioridade nesta ou noutras asociacións.

2.- Poderán ser integrantes da asociación na súa sección xuvenil, os menores non emancipados de máis de 14 anos co consentimento, documentalmente acreditado, das persoas que deban supli-la súa capacidade e ata os 29 anos de idade.

3.-Os acordos de admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición por escrito da persoa que desexa ser admitida, tras comprobar que cumpre os requisitos esixidos nestes estatutos nun prazo non superior a dez días hábiles dende a súa entrega ó Secretario.

Artigo 7º.- Dentro da asociación poderán existi-las seguintes clases de asociados:

a)     Fundadores, aquelas persoas que subscribiron a acta fundacional.
b)    Honorarios, aquelas persoas que pertencían á Asociación Xuvenil Kamakura que transpasan a súa membresía e están exentos de cota de alta.
c)     Numerarios, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional.
d)    Xuvenís, aquelas persoas de entre 14 e 29 anos que participen na asociación, que estarán integradas na sección xuvenil, no seu caso.

Artigo 8º.
1.-A condición de asociado pérdese:
1)    Por vontade propia.
a)     Esta petición realizarase por escrito en reunión da Xunta Directiva que acordará a baixa sen máis trámites.
2)    Por falta de pago de 4 cotas semestrais ou 2 anuais.
3) Por incumprimento das súas obrigas ou a realización de accións que prexudiquen gravemente ós intereses da Asociación, previo expediente disciplinario, con audiencia do interesado.
4)    Por falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.

2.-A expulsión de asociados e asociadas nos supostos dos apartados 2 e 3 do parágrafo anterior, será acordada pola Xunta Directiva, logo da audiencia do interesado. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrer ante a xurisdición ordinaria.

3.- Os asociados/as poderán pedir a separación temporal por escrito. A Xunta Directiva poderá acordar a separación temporal dun asociado cando se está a tramitar un expediente sancionador, ou concorran causas xustificadas que o aconsellen, tales como o atrase no pago dalgunha cota, ou comportamentos que afecten á boa marcha dalgún dos fins da Asociación. O expediente sancionador recollerase no Regulamento de réxime Interno, pero en todo caso á Resolución poderase recorrer perante a xurisdicción ordinaria.

4.- Os asociados/as que non cumpran a cotas serán separados temporalmente durante dous meses, no que poderán participar nas actividades da asociación. Despois de este período de tempo a Xunta Directiva decidirá se son expulsados ou se alarga o prazo.

Artigo 9º.- Os asociados e asociadas teñen os seguintes dereitos:
1. Participar nas actividades da asociación e nos órganos de goberno e representación, exerce-lo dereito de voto, así como asistir á Asemblea xeral, de acordo cos estatutos.
2. Ser informado da composición dos órganos de goberno e representación da asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.
3. Ser oído con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra el e ser informado dos feitos que dean lugar ás ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.
4. Impugna-los acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei ou ós estatutos.
5. Ter copia destes Estatutos.
6. Facer suxerencias ós membros da Xunta Directiva en orde de mellorar o cumprimento dos fins da Asociación.
7. Beneficiarse dos descontos que a Asociación estime oportunos previamente acordados en Asamblea Xeral.
8. Os asociados e asociadas xuvenís poderán asistir ás asambleas con voz e voto pero non poderán formar parte da xunta directiva aqueles menores de 18 anos.

Artigo 10º.- Son obrigas dos asociados e asociadas:
1. Comparti-las finalidades da asociación e colaborar para a súa consecución.
2. Paga-la cotas que se establezan.
3. Desempeña-los cargos para os que foron elixidos.
4. Acatar e cumpri-los acordos validamente adoptados polos órganos de goberno e representación da asociación.
5. Acata-lo contido dos estatutos.
6. Ter unha boa conduta individual e cívica.

CAPÍTULO III

DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN


Artigo 11º.- A dirección e administración da asociación serán exercidas polo Presidente, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.

Artigo 12º.
1.-O presidente da asociación será designado pola Asemblea Xeral entre os asociados que teñan polo menos un ano de antigüidade na asociación e o seu mandato durará 4 anos con posibilidade de reelección. Será asistido nas súas funcións por un vicepresidente, que o substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.
2.-O presidente terá as seguintes atribucións:
a)     Representa-la asociación diante de calquera organismo público ou privado.
b) Convocar e presidi-las sesións que celebre a Xunta Directiva; presidi-las sesións da Asemblea Xeral; dirixi-las deliberacións dunha e outra, decidindo con voto de calidade, en caso de empate.
c)     Executa-los acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
d)    Ordena-los pagamentos acordados validamente.
e)     Asina-las actas, certificados, pagos e outros documentos da asociación xunto co secretario ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento de que se trate.
f)      Propoñer o plan de actividades da asociación á Xunta Directiva, impulsando e dirixindo as súas tarefas.

Artigo 13º.
1.-A Xunta Directiva estará formada polo presidente da asociación, un vicepresidente, un secretario, un tesoureiro e un número de vogais estipulado en réximen interno.
2.-Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán desempeñados de forma gratuíta, sen prexuízo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer por actuacións relacionadas coa asociación. As persoas elixidas para estes cargos deberán carecer de interese económico nos resultados da actividade levada a cabo pola asociación.
3.-A Asemblea Xeral será a competente para elixi-los cargos da Xunta Directiva. A súa duración será por un período de 4 anos, aínda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente.
4.-Os cargos cesarán na súa función por:
         a) falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
         b) renuncia voluntaria.
         c) transcurso do prazo para o que foron elixidos.
      d) acordo de cesamento de toda a Xunta Directiva adoptado por 2/3 dos asociados reunidos en Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto.
        e) por inactividade ou abandono da comunidade autónoma de Galicia da persoa física/xurídica nun período superior a 6 meses.

A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ó cese automático, senón que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ó día do sucesor, salvo na sección e) do punto 4 do artigo 13º no que sí se cesará automáticamente .

5.- Procedemento para a elección da Xunta Directiva:
a) A presentación de candidaturas para Presidente farase por escrito ó Secretario nun prazo de tres días antes do comezo da Asamblea Xeral. Incluirá a firma de a lo menos catro asociados que a propoñan e a conformidade do candidato. As candidaturas faránse públicas pola Secretaría.
b) O secretario e o Tesoureiro son elixidos pola Xunta Directiva de entre os sete compoñentes.
c) As vacantes que se puideran producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva, serán cubertas provisoriamente entre os ditos membros ata a elección definitiva pola Asemblea Xeral. En calquera caso, a Xunta Directiva debe estar integrada como mínimo por 3 persoas, que exercerán as funcións de presidente, secretario e tesoureiro.


Artigo 14º.-A Xunta Directiva terá as seguintes atribucións:
1.Programar e dirixi-las actividades asociativas.
2.Leva-la xestión administrativa e económica da asociación.
3.Someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.
4.Convocar e fixa-la data da Asemblea Xeral.
5.Propoñer á Asemblea Xeral a fixación de cotas ordinarias e extraordinarias para os asociados.
6.Designa-las comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da asociación.
7.Ditar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral.
8.Resolver sobre as solicitudes de ingreso de novos asociados.
9.Propoñe-lo plan de actividades da asociación á Asemblea Xeral para a súa aprobación, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
10.Resolve-los procedementos disciplinarios que se instrúan.
11.Aquelas que non veñan atribuídas expresamente á outro órgano da asociación.

Artigo 15º.
1.-A Xunta Directiva será convocada polo presidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes.
2.-Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, da metade máis un dos seus membros e, en todo caso, do presidente ou vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitúa.
O secretario ou, no seu defecto, o vocal que o substitúa, levantará acta das sesións, que se transcribirá ó libro de actas.

Artigo 16º.- Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de acadar delas as informacións necesarias. Formarán parte das ditas comisións o número de asociados que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.

Artigo 17º.- A Asemblea Xeral de asociados e asociadas é o órgano de expresión da vontade da asociación e estará formada por tódolos integrantes da mesma. O presidente e o secretario da asemblea serán tamén o presidente e secretario da Xunta Directiva.

Artigo 18º.- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos socios. Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido ó presidente, autorizado coas firmas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.

Artigo 19º.- A Asemblea Xeral Ordinaria reunirase necesariamente nos 4 primeiros meses do ano. Tanto a Asemblea Ordinaria como a Extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo/a presidente/a da Xunta Directiva.
A notificación farase nos locais , sitios web ou medios de información da asociación ,  así como por envío dun correo electrónico ó mail facilitado polos asociados.

Artigo 20º.- Serán competencias da Asemblea Xeral Ordinaria:
1.     Aproba-lo plan de actividades.
2.     Examinar e aproba-las contas e balances do exercicio anterior.
3.     Aproba-los presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio.
4.     Exame e aprobación das cotas.

Artigo 21º.- Serán competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria:
1.      Modifica-los estatutos da asociación.
2.      Elixir e cesa-los membros integrantes da Xunta Directiva.
3.      Aproba-la federación con outras asociacións.
4.      Autoriza-lo alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.
5.      Acorda-la disolución da asociación.
6.      Designa-los/as liquidadores/as.
7.      Ratifica-la expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva.
8.      Solicita-la declaración de utilidade pública da asociación.
9.      Aproba-lo regulamento de réxime interno da asociación.
10.  As que sendo de competencia da asemblea ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan espera-la súa convocatoria, sen grave prexuízo para a asociación.
11.  Tódalas competencias non conferidas expresamente á Asemblea Xeral Ordinaria ou á Xunta Directiva.

Artigo 22º. A Asemblea Xeral quedará validamente constituída sempre que concorran a metade máis un dos asociados na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes pero, en todo caso, coa presenza do presidente ou vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitúa.

Artigo 23º.- Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos os apartados 1 ó 7 do artigo 21º, que requirirán maioría de dous terzos. A continuación levaranse os acordos ó libro de actas e asinará o/a presidente, o/a secretario/a da asemblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada por maioría dos presentes.

Artigo 24º.- Os acordos adoptados conforme os preceptos anteriores obrigarán a tódolos/as asociados/as, incluso ós/ás non asistentes.
As sesións abriranse cando así o determine o presidente. Seguidamente se procederá por parte do secretario á lectura da acta da Asemblea anterior que deberá ser aprobada.
Posteriormente o secretario procederá a presentar a orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose ó debate e a aprobación dos correspondentes acordos nos termos contidos nestes estatutos, segundo a materia de que se trate.

Artigo 25º.- Os acordos que vaian contra estes estatutos ou infrinxan os fins da asociación poderán ser recorridos en reposición diante da Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdición ordinaria.

Artigo 26º.- 1. O secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro rexistro de asociados e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Correspóndelle así mesmo notifica-las convocatorias e custodia-las actas e expedir certificacións desta co visto e prace do presidente. O secretario tamén levará o inventario dos bens da asociación nun libro establecido para este efecto.
2. Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade do secretario, o presidente designará entre os vocais a un que desenvolva esta función.

Artigo 27º.- 1. O tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o presidente, levará a contabilidade da asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, elaborará o borrador de orzamentos da asociación así como as contas de resultados e balances.
2. O tesoureiro ten a obriga de proceder ó peche do exercicio orzamentario antes do 15 de decembro, co fin de que as contas estean a disposición dos membros da asociación nos quince días anteriores á celebración da Asemblea Ordinaria.

Artigo 28º.- O número de vogais rexerase por réximen interno e terán as seguintes atribucións:
1.     Realizar programas e propostas na súa área de actuación.
2.     Desempeña-los traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.

CAPÍTULO IV

RÉXIME ECONÓMICO

Artigo 29º.- A asociación dispón dun patrimonio de 5 euros. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.

Artigo 30º.- A asociación funcionará en réxime de presuposto anual, con partidas diferenciadas de ingresos e gastos. O borrador de presuposto será elaborado polo tesoureiro da asociación, que deberá de telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, co fin de que poida ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria.

Artigo 31º.- A asociación manterase dos seguintes recursos:
1.     As cotas periódicas dos/as asociados/as.
2.     As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola asemblea.
3.     As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.
4.     Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.
5.     Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.

Artigo 32º.- A Asemblea Xeral Ordinaria, a proposta da Xunta Directiva, aprobará tanto as cotas ordinarias como as extraordinarias que non serán reintegrables en ningún caso. O recadado dedicarase a atende-las necesidades da asociación.

Artigo 33º.- Anualmente con referencia ó ultimo día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos/as asociados/as, durante un prazo non inferior a 15 días ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalas ou censuralas.

Artigo 34º.- Para a disposición de fondos das contas que a asociación ten nas entidades bancarias será necesaria a sinatura conxunta do presidente e do tesoureiro.

Artigo 35º.- Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os/as asociados/as os recursos obtidos pola asociación.

CAPÍTULO V
DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO

Artigo 36º.- O regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nos presentes estatutos, como o procedemento disciplinario, non podendo ir en ningún caso en contra do estipulado neles. En todo caso, o funcionamento interno da asociación estará sometido ó ordenamento xurisdicional civil.

 CAPÍTULO VI
MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN

Artigo 37º.- Os presentes estatutos só poderán ser modificados por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto, adoptado polas 2/3 partes dos asociados. A proposta de convocatoria deberá ir acompañada do texto das modificacións propostas.

Artigo 38º.- A asociación disolverase voluntariamente por acordo dos asociados adoptado polas 2/3 partes dos asistentes á Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto.

Artigo 39º.- Acordada a disolución, a Asemblea Xeral extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, que xunto o/a presidente e o/a tesoureiro/a, procederán a efectuar a liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.

Artigo 40º.- O haber resultante unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra asociación non lucrativa e inscrita na mesma provincia con fins iguais ou similares ós da Asociación, ou no caso de non habela, a outra inscrita na mesma Comunidade Autónoma.
O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da asociación.


Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

- Copyright © Asociación Cultural Nobunaga - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -